David Balfour queda orfo e bótase á procura da súa herencia, que axiña descubre usurpada polo seu tío; entón é obxecto dun rapto. Capítulo histórico vivido na metade do s. XVIII, vivos aínda os restos da guerra civil que enfrentara ós partidarios escoceses do pretendente Carlos Eduardo, da casa dos Estuardo, co trono inglés dos Hannover. Así David dá con Alan Breck, escocés xacobita rebelde que loita co que considera unha inxusticia histórica, mentres o mesmo David, habitante das terras baixas, se amosa representante da indiferencia en canto ás loitas políticas; e corren xuntos as insospeitadas aventuras que compoñen este libro para remata-la madeixa... nunha brillante victoria dos que xogaron coas armas da xusticia .FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario