viernes, 30 de mayo de 2008

"O corsario negro" de Emilio Salgari


En 1899 sae á luz esta novela como a primeira dunha saga, a triloxía dos Corsarios, e non pasaría moito tempo ata se converter nun auténtico best-seller capaz de enguedellar nenos, mozos, amas de casa e cabaleiros feitos e dereitos. O autor plasma nesta obra tódalas emocións románticas do momento: ambientación exótica, medio marxinal (nada menos cá filibustería, piratas do Pacífico) e, por riba de todo, o sentimento do destino, da fatalidade dominando a acción.

FICHA TÉCNICA

A partir segundo ciclo ESO

No hay comentarios: