jueves, 29 de mayo de 2008

"Os donos do paraíso" de Andreu Martín


Dous estudantes de Historia deciden aplicar os coñecementos que teñen sobre a conquista do Novo Mundo e levalos a unha novela como medio de instrución moito máis ameno. Desenvolven así a historia de Zenón, pegureiro de ovellas da provincia de Zamora que chamado polo afán aventureiro, decide embarcarse rumbo ao Novo Mundo . Mais o que alí ve non é do seu agrado. Enrolado no Saturnia, emabarcación capitaneada por Losbishome, un sádico mariñeiro , descobre que o comportamento dos españois non é o máis apropiado e decide renegar destes mesturándose incluso cos indios dos que beberá moita sabedoría e cos que, con esta convivencia, entenderá moito mellor os seus comportamentos, e mesmo chegará a defender os intereses indíxenas coma un máis. Pola súa banda, os dous estudantes manifestan posturas contrapostas a cerca do labor dos conquistadores españois no Novo Mundo. ¿Tiña razón frai Bartolomé de las Casas ou non?

FICHA TÉCNICA

A partir segundo ciclo ESO

No hay comentarios: