miércoles, 10 de marzo de 2010

"Sansón Troleyro" de Enrique Vázquez Pita

Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súa snovas teorías sobre a circulación do sangue. É un inadaptado, un rebelde Pero grazas ao seu enxeño gaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que non de doentes.

FICHA TÉCNICA

Recomendado a partir de segundo ciclo da ESO

No hay comentarios: