jueves, 2 de diciembre de 2010

"O segredo de Marco Polo" de Francisco Castro


O autor viaxa Venecia do s. XIII para construír unha historia de amor entre un  soldado novo, fillo do militar máis importante da cidade e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobrina do Dogo e obrigada por este a un matrimonio cun home  a quen non quere e que non coñece.  A historia de amor é  imposible. Ata que entra no xogo un Marco Polo que, xa cara ó final da súa vida, vai  vivir, axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura, ó mesmo tempo que terá que resolver un curioso enigma. 



A partir do primeiro ciclo da ESO

No hay comentarios: