
Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla.Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar e tentan botar de alí ós habitantes da comuna.
A partir segundo ciclo ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario