Galicia, ano 1858. Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Unha historia ambientada no século XIX na Guarda, onde os raqueiros, os piratas de terra, asaltaban e desvalixaban os barcos que facían encallar na costa aproveitando as noites sen lúa, cando prendían fogueiras que lles facían errar o rumbo.
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
jueves, 10 de febrero de 2011
"O BURATO DO INFERNO" (cómic) de Xosé Manuel Trigo
Galicia, ano 1858. Xosé recibiu un día a chamada de don Elías, o párroco, para que o acompañara visitar o pai do mozo, que regresara moi enfermo da Habana. Unha historia ambientada no século XIX na Guarda, onde os raqueiros, os piratas de terra, asaltaban e desvalixaban os barcos que facían encallar na costa aproveitando as noites sen lúa, cando prendían fogueiras que lles facían errar o rumbo.
A partir segundo ciclo ESO
Etiquetas:
aventuras,
emigración,
Galicia,
Idade Contemporánea s. XIX,
misterio
"AQUEL LUGAR" de Antía Nara
Unha muller emprende unha viaxe a Lahore, Paquistán, unha cidade de encontro convertida agora nun lugar inseguro porque se pensa que alí se agachan destacados terroristas. En certa medida, Paquistán é un país á deriva, perdido na procura da súa identidade; un país de terras profundas onde a vida, para unha moza como Talat, non é doada. Pero, lonxe, en Galicia, hai outra terra profunda semellante á de al-Luaira. É o punto de procedencia dunha moza que decide a viaxe como un xeito de liberación, pero que atopa o mesmo.
Etiquetas:
Galicia,
Mundo actual,
outras culturas
jueves, 2 de diciembre de 2010
"A lei das ánimas" de Carlos G. Reigosa
El detective Nivardo Castro y el periodista Carlos Conde son testigos atónitos de una pesquisa apasionante y misteriosa. Un caso de características especiales: unos crímenes que movilizan simultáneamente la fuerza pública y a las ánimas de la Santa Compaña en una atmósfera de superstición que llena de verosimilitud toda la trama. Un misterio ambientado na Mariña lucense
A partir 2º ciclo ESO
Etiquetas:
aventuras,
Galicia,
misterio,
Mundo actual
"Settecento" de Marcos Sánchez Calveiro
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago.
FICHA TÉCNICA
Recomendado para grandes lectores
Etiquetas:
aventuras,
Galicia,
Idade Contemporánea s. XVIII,
misterio
jueves, 4 de noviembre de 2010
"UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA" de Teresa Moure
Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Mais unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón.
FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
martes, 26 de enero de 2010
" A morte dun editor. Derradeiros días de Ánxel Casal" de Vicente Piñeiro
Cando Lola chega a Santiago de Compostela para matricularse na facultade de Historia, ignora os misterios que a cidade sartego lle ten reservados. Será nesas rúas onde a protagonista de A morte un editor se descubra a si mesma, a través de dúas vivencias, a do primeiro amor como tropel de sentimentos confusos, pero tamén a vivencia de algo máis profundo e irreversible: a vocación literaria. Así, unha Lola ávida de coñecemento enfrontarase á investigación e descuberta do que foron aqueles derradeiros días da República na cidade de pedra tras o levantamento fascista e, sobre todo, o brutal asasinato do entón alcalde e tamén editor Ánxel Casal. Logo deste axuste de contas coa verdade histórica, unha nova Lola agroma, e a persoa que agora é sabe que non hai regreso posible, pois abriu unha porta que endexamais poderá volver pechar.FICHA TÉCNICA:
A partir segundo ciclo ESO
Etiquetas:
Contemporánea s. XX,
Franquismo,
Galicia,
Guerra Civil Española,
misterio
"Ás de bolboreta" de Rosa Aneiros
Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan personaxes como Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco.Premio Fundación caixa Galicia Novela Xuvenil 2009
FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
Etiquetas:
emigración,
Galicia,
Idade Contemporánea s. XIX,
Mundo actual,
outras culturas,
racismo
lunes, 22 de junio de 2009
"Os lobos de Moeche" (cómic) de Manuel Cráneo
Século XV. Por medio do testimonio de Martín de Ferreira, un campesiño que sufre en primeira persoa o abuso do poder dos nobres, todo o proceso de creación da revoltas irmandiñas pasa ante os nosos ollos. Así xunto co seu irmá Lopo, Martín únese á milicia urbana promovida por Alonso de Lanzos, co fin de acadar a xustiza e a igualdade social na Galicia desa época.A partir segundo ciclo ESO
"Historias de Galiza" (cómic) . Tomos I,II e III, de Carlos Ramos.
O guión de cómic en varios tomos Historias de Galiza, baséase en elementos da historia da Humanidade, para incorporalos a relatos que non son históricos senón divulgativos. O primeiro tomo inclúe cinco relatos enmarcados na Prehistoria, acerca da chegada de fenicios, gregos e romanos a Galicia. Os dous tomos seguintes tratan acerca da etapa medieval. Estanse a preparar os dous volumes derradeiros, que se editarán proximamente.FICHA TÉCNICA
A partir primer ciclo ESO
Etiquetas:
aventuras,
Galicia,
Idade Media,
Prehistoria,
Roma
"Quen matou a Inmaculada de Silva" de Marina Mayoral
Etel quere ser escritora e decide empezar investigando a misteriosa morte dunha antepasada , Inmaculada de Silva, unha moza guapísima de clase social alta, e Antón del Cañote, un membro do maquis, un heroe para o pobo e un inimigo para o réxime político de entón. Os feitos sucederon no patio da mansión familiar dos Silva. Juancho, un rapaz do cal Etel namorou, axúdalle a descubrir como foron as relacóns da parella e isto permete a Etel entender mellor as súas propias dificultades con el . ¿Que sucedeu realmente? A última palabra téñena os lectores, porque na Literatura como no Amor sempre hai puntos escuros.FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
Etiquetas:
Franquismo,
Galicia,
Idade Contemporánea s. XX,
misterio
martes, 21 de abril de 2009
"Magog" María Gándara

Magog contribúe á reconstrucción da historia do antigo reino de Galicia. Xofré de Salvamont é un mozo de 14 anos, nado no seo da ilustre casa de Borgoña. Transcorre o ano do Señor 1105 e Xofré acode á abadía de Cluny para ser recibido polo abade Hugo de Borgoña, tío do seu pai e Gran Prior da orde benedictina, encargado da súa educación e preparación para a vida propia do mundo feudal. A partir de aí asistimos a un áxil percorrido narrativo, que é camiño de iniciación e busca de identidade por parte de Xofré e, ó mesmo tempo a forma de desvelar un mundo medieval que se conforma nun auténtico cachón de personaxes históricos: Urraca, García, Sancho, Ramón de Beçançon, Ramiro, o Conde de Traba, Diego Xelmírez ...
FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
domingo, 1 de febrero de 2009
"Aventura no Camiño de Santiago" (cómic) de Primitivo Marcos

Esta é a historia dunha familia do século XIII e da súa peregrinaxe a Santiago, viaxe narrada por un neno e unha nena para os cales cada etapa será unha aventura sorprendente. Pronto atoparán, ademais, outros personaxes interesantes que convertirán ao camiño en algo máis importante aínda para os dous...
FICHA TÉCNICA
A partir primeiro ciclo ESO
viernes, 30 de mayo de 2008
"Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". Así comezan as reflexións do neno protagonista, no territorio do mundo rural galego.Conta neste diario as súas experiencias, dende festas tradicionais como o antroido o as da parroquia, ata a vivencia dramática do loito familiar pola morte do padriño. Narra tamén a discriminación da que é obxecto polo feito de ser pobre, a vida dos poderoos ou a marxinación dos diferentes, coma o xudeu. Neste xogo de contradiccións a emigración pode ser o mellor camiño, como asegura o seu pai cando marcha para América o seu irmán Miguel, ou unha falsa saida.
FICHA TÉCNICA
A partir primeiro ciclo ESO
Etiquetas:
aventuras,
emigración,
Galicia,
Idade Contemporánea s. XX
"Cartas a Lelo" de Xosé Neira Vilas

Toño de Loureiro proponlle a Lelo (mozo que emigrou fai tres anos ó Brasil) un intercambio epistolar no que cada un contará as súas vivencias en terras tan distantes. Na obra aparecen as cartas de Toño e a partir delas podemos deducir as noticias sorprendentes da emigración, que despertan o interese dos seus amigos, dadas as diferencias coa vida que eles coñecen na súa aldea galega, da que tamén se contan diferentes episodios do espacio habitual dun neno de mediados do século XX.
FICHA TÉCNICA
A partir primeiro ciclo ESO
Etiquetas:
aventuras,
emigración,
Galicia,
Idade Contemporánea s. XX
jueves, 29 de mayo de 2008
"A cova das vacas mortas" Jaureguizar

Conta a historia de Xoel, un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna hippie na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime.
Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla.Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar e tentan botar de alí ós habitantes da comuna.
FICHA TÉCNICAFarto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla.Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar e tentan botar de alí ós habitantes da comuna.
A partir segundo ciclo ESO
Etiquetas:
aventuras,
emigración,
Galicia,
Mundo actual,
Nazismo
miércoles, 28 de mayo de 2008
"O bosque animado" de Wenceslao Fernández-Flores

O bosque animado é o libro da Fraga de Cecebre, preto da Coruña. Nel latexa o buligar vital, polo común da xente inadvertido, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da fraga, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega. Este libro é unha invitación afervoada a descubrir la riqueza dos nosos antepasados e a súa forma de vida.
FICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
"O sabre do francés" de Miguel Anxo Fernández
Relatos centrados en la Guerra de Independencia española y la lucha contra los francesesFICHA TÉCNICA
A partir segundo ciclo ESO
Etiquetas:
Galicia,
Idade Contemporánea s. XIX
"O lobo guerrilleiro" de Bento da Cruz

"O lobo guerrilleiro" amósanos a vida de André Lobo, nacido no Barroso e fillo de labradores. O libro narra unha complexa intriga de maquis guerrilleiros e de violencia situada nos anos posteriores a 1936, durante a Guerra Civil e a dura posguerra, pero tamén é unha mostra grandiosa da sociedade labrega da terra do Barroso e da capital, Montalegre, onde radican os poderes caciquís e a mediocridade política.
FICHA TÉCNICAA partir segundo ciclo ESO. Recomendado para grandes lectores
Etiquetas:
Franquismo,
Galicia,
Guerra Civil Española,
Idade Contemporánea s. XX
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
