martes, 26 de enero de 2010

"Ás de bolboreta" de Rosa Aneiros

Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan personaxes como Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco.

Premio Fundación caixa Galicia Novela Xuvenil 2009

FICHA TÉCNICA

A partir segundo ciclo ESO

No hay comentarios: