martes, 16 de junio de 2009

"O derradeiro irmán" de Natatcha Appanah

Cando david se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdes da illa tropical onde naceu, o sabor das froitas, o seu pai e a súa violencia, a tenrura da súa nai, os dioivos e o sol abrasador e a instalación da súa familia preto da cadea onde vivían uns misteriososo refuxiados. En 1940 o barco Atlantic atraca en Port-Louis, con 1500 xudeus a bordo, rexeitados de Palestina e deportados á Illa Mauricio, entón colonia británica. Daquela Raj non sabia moito sobre o mundo e as traxedias que estaban acontecendo, tiña dez anos. A curiosidade levouno a xogar preto da cadea e alí, no patio, viu a David: decatouse de que deberían ser amigos.

FICHA TÉCNICA

A partir segundo ciclo ESO

No hay comentarios: