
Ata hoxe, nunca antes revelara que eu estiven na cativa comitiva de oficiais e soldados que entrou no palacio a entrevistarse co inca Atahualpa. Agora, próxima xa a morte, non importa. Pero é certo que alí, con don Diego de Almagro, o español traidor, e non menos de trescentos homes de entre os dous xenerais, estabamos tamén don Johan de Braga, don Santiago de Ayala e eu, amais doutros infantes de menor graduación. Cando entramos na enorme estancia na que nos agardaba Atahualpa, comprendemos a grandeza da nosa misión.
A partir segundo ciclo ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario