miércoles, 28 de mayo de 2008

"Un bosque cheo de faias" de Francisco Castro


Un bosque cheo de faias é unha historia sobre a violencia neonazi. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade: pintadas, agresións ós diferentes, panfletos que invitan ó odio e á xenofobia... Mais axiña han centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de 15 anos que só desexa ter unha vida normal. Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ó abuso e acabar coa persecución e a intolerancia que se centra sobre el. Un bosque cheo de faias é tamén unha historia de amizade, de intriga e de equivocacións fatais.

FICHA TÉCNICA

A partir segundo ciclo ESO

No hay comentarios: